NHALA A NOSA MASCOTA

Hoxe cando chegamos a clase atopámonos cunha sorpresa!!! Dentro da caixa das sorpresas estaba unha crocodilo que nun principio pensabamos que era un dinosauro. A crocodilo non veu soa senon que trouxo unha carta na que nos explicou que se chama Nhala e que tiña entendido que eramos a clase dos crocodilos, que lle gustaría ser a nosa mascota, compartir miles de aventuras con nós, que lle facía ilusión coñecer as nosas familias e que estaba desexando pasar as fin de semana na nosa casa. Fíxonos moitísima ilusión!!!

Comentarios