Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2016

Experimento: disolucións

Imagen

PLANTAMOS LEITUGAS NO INVERNADOIRO

Imagen

SANTI XA TEN 6 ANOS!!! PARABÉNS!!!

Imagen
Hoxe celebramos no cole o aniversario de Santi xa que o domingo fai 6 anos.  

OS FARAÓNS DE 5 ANOS

Imagen
Os nen@s de 5 anos estamos rematando o proxecto de Exipto e que mellor que disfrazarse de faraóns. Mirade que simpáticos!!!  

A SANTI GUSTARÍALLE VIAXAR A CHINA

Imagen
Hoxe foi Santi o que trouxo o seu marabilloso mural sobre China, o país ao que lle gustaría viaxar. Explicounos cousas moi interesantes pois a todos os nen@s da clase nos gusta este país (o oso panda, o baile do dragón, a gran muralla china, as pagodas ...) despois da explicación de Santi fomos buscar vídeos de China na internet. Pasámolo moi ben. Moitas grazas Santi e familia!!!

FOTOCOPIAMOS AS MANS

Imagen
Hoxe fomos á sala da fotocopiadora e fotocopiamos as nosas mans para facer unha obra de arte que vos ensinaremos cando estea preparada. Fíxonos moitísima ilusión fotocopiar as nosas mans e ver como funciona a fotocopiadora. Ao principio algún de nós tiña un pouco de medo ( ¿Profe quema?, ¿Está caliente?) Así que o profe foi o primeiro en fotocopiar a súa man. Cando vimos que non pasaba nada animámonos tod@s!!!

A NOSA VERSIÓN DA SOPA CAMPBELLS DE WARHOLL

Imagen

GUSTARÍAME VIAXAR A...

Imagen
A Itziar gustaríalle viaxar a Malasia.  Realizou coa súa familia este fabuloso mural para compartir cos seus compañeiros. A Xiana gústalle moito París. Mirade que autentica obra de arte trouxo hoxe ao cole para compartir con nós. Parabéns familias. Mural sobre Malasia Mural de París  Agardamos impacientes as investigacións dos nosos compañeir@s.

DE QUE COR É UN BICO?

Imagen
A semana pasada no obradoiro de literatura traballamos o conto ¿De qué color es un beso? A Minimoni encántalle pintar mil cousas de cores: xoaniñas vermellas, ceos azuis, plátanos amarelos... pero nunca pintou un bico. De que cor será? Vermello como unha deliciosa salsa de tomate? Non, porque tamén é a cor de cando estás enfadado? ¿Será verde como os crocodrilos, que sempre lle semellaron tan simpáticos? Imposible, porque é a cor das verduras e ¡non lle gusta comelas! Como podería averiguar de que cor é un bico? Despois dunha conversa sobre a cor que teñen para eles os bicos e as persoas as cales lles gusta bicar, aproveitando que estamos traballando a Andy warhol pintamos uns beizos ao estilo pop art.

SEMENTAMOS UN CÉSPEDE MOI ESPECIAL!!!

Imagen