EXPERIMENTO:EXPLOSIÓN DE CORES CON LEITE, COLORANTE E LAVAVAIXELAS

Hoxe, na clase de 3 anos, levamos a cabo un experimento con leite, lavavaixelas e colorante alimentario. O primeiro que fixemos foi plantexar hipóteses sobre o que sucedería cando metésemos o bastonciño con lavavaixelas no leite cunhas gotas de colorante. Entre todos e todas puxémonos mans á obra para botar primeiro leite. Despois o profe botou o colorante alimentario (por iso de non mancharnos moito xa que non cae), para cun bastociño cheo de lavavaixelas descubrir que as "cores escapaban" unhas das outras facendo debuxos chulísimos. Despois cubrimos nun traballiño o que sucedeu no experimento. 




Comentarios