OBRADOIRO: JUDITH SCOTH

Hai unhas semanas comezamos na clase de 3 anos un proxecto de arte sobre Judith Scoth coñecida como a muller araña. En primeiro lugar descubrimos a súa imaxe e a través dun xogo de letras coñecimos o seu nome. Tamén observamos un pequeno documental sobre a súa vida onde descubrimos a súa conmovedora historia. Nestes intres estamos facendo esculturas ao seu estilo , é dicir, envolvendo fíos, la ou trapillo. Nesta primeira escultura empregamos os carozos que debullamos na clase hai uns meses. Mirade que artistas!!!

Comentarios